CONCELLO DE

MURAS

Muras e un municipio sito no norte da provincia de Lugo. Pertence a comarca da Terra Cha. a distancia aos nucleos urbás como Ferrol, A Coruña ou Lugo non excede a unha hora en automovil.

POBOACIÓN

No ano 2020, Muras contaba cunha poboación de 619 habitantes, unha redución do 7,34% comparado co ano 2016. A distribución por sexo estaba bastante equilibrada, con un 49,60% de mulleres e un 50,40% de homes. O envellecemento era notable, con máis do 40% da poboación por enriba dos 64 anos, mentres a poboación de nacionalidade estranxeira apenas representaba o 2,10% do total.

EMPREGO

Segundo datos do SEPE, Muras contaba ao remate do ano 2019 con 262 persoas afiliadas á Seguridade Social, o que indica un nivel relativamente alto de emprego en proporción á poboación en idade de traballar. Por outra banda, había en Muras 11 persoas rexistradas como desempregadas, sete homes e catro mulleres. O nivel de desemprego no concello era por tanto máis ben baixo, situándose nunha taxa do 4,03%[1]. As actividades económicas con un maior número de afiliados á Seguridade Social a fins do 2019 eran (1) fabricación de

produtos de caucho e plástico; (2) agricultura, gandeiría, caza e servizos relacionados coas mesmas; (3) transporte terrestre e por tubería; e (4) actividades de servizos sociais sen aloxamento.

 

Ao longo do ano 2019, Muras rexistrou 154 novos contratos de emprego. A maioría dos contratados foron homes (72,08%), o que unido ao baixo desemprego entre as mulleres, denota unha forza laboral moi masculinizada. O 87,66% dos contratos rexistrados no 2019 foron de tipo temporal, indicando unha alta taxa de temporalidade. Por nivel de estudos, a maioría dos novos contratos foron para persoas con educación secundaria obrigatoria (33,11%), seguido de persoas con estudos primarios ou non acreditados (30,52%), persoas con FP de grado superior (13,64%), e persoas con estudos universitarios (10,39%).

[1]. Utilizando os datos do Boletín de Mercado de Traballo Municipal do SEPE do ano 2020, neste traballo estamos a calcular a taxa de desemprego para un concello dacordo a seguinte fórmula:
n.º de persoas en paro/(n.º de persoas en paro+nº de persoas afiliadas á Seguridade Social)*100.
CONCELLO DE

XERMADE

Xermade e un municipio da provincia de Lugo en Galicia.

POBOACIÓN

No ano 2020, Xermade tiña unha poboación de 1.783 habitantes, un 8,23% menos que no 2016. Ao igual que nos outros tres concellos de interese, a distribución da poboación en canto a sexo estaba bastante equilibrada (50,93% mulleres e 49,07% homes). Os residentes con máis 64 anos representaban no ano 2020 en Xermade en torno ao 35% do total. Neste sentido, aínda que Xermade parece perder habitantes nos últimos tempos a un ritmo máis alto que Muras e Ourol, a súa poboación está algo menos envellecida que a destes dous concellos. Polo que respecta á poboación de nacionalidade estranxeira, a súa proporción en Xermade no ano 2020 (2,08%) era similar á de Muras e Ourol, e moi inferior á de Viveiro.

EMPREGO

Segundo o SEPE, Xermade contaba ao remate do ano 2019 con 348 persoas afiliadas á Seguridade Social, un nivel baixo de emprego en proporción á poboación do concello en idade de traballar. A pesar disto, soamente había 63 persoas rexistradas como desempregadas, mulleres na súa maioría (55,56%). A taxa de desemprego situábase no 15,33%, a segunda máis baixa dos concellos analizados. As actividades económicas con maior número de afiliados á Seguridade Social en Xermade eran (1) agricultura, gandeiría, caza e servizos relacionados coas mesmas; (2) servicios de comidas e bebidas; (3) comercio ao por menor e intermediarios de comercio, excepto de vehículos de motor e motocicletas; (3)  comercio ao por maior e intermediarios de comercio, excepto de vehículos de motor e motocicletas. Por tanto, aínda que o sector agrícola e gandeiro é o principal en canto a emprego en Xermade, o sector servizos ten un maior peso que por exemplo en Muras ou Ourol.

 

Durante o ano 2019 se deron en Xermade 226 novos contratos de emprego. O 61,95% deses contratos se fixeron a homes e o 38,05% a mulleres. Ao igual que nos outros concellos cubertos no catálogo, a taxa de temporalidade na contratación é moi alta en Xermade, e o 92,92% dos contratos rexistrados no ano 2019 foron contratos de tipo temporal. Por nivel de estudos, a maioría dos novos contratos foron para persoas con estudos primarios ou non acreditados (47,02%), seguido de persoas con educación secundaria obrigatoria (29,65%), persoas con FP de grado superior (9,73%), e persoas con FP de grado medio (5,75%). De forma similar ao que víamos no caso de Ourol, predomina en Xermade un tipo de emprego que non require un alto nivel educativo.

 

 

CONCELLO DE

OUROL

Con unha superficie de 145,4 km2, o concello de Ourol está limitado polos concellos de Vicedo e Viveiro ao norte, ao sur co concello de Muroas e ao este co concello de Valadouro o ao oeste con Mañón.

POBOACIÓN

A poboación de Ourol no ano 2020 era de 995 habitantes, unha caída do 3,77% con respecto ao ano 2016. Con un 48,94% de mulleres e un 51,06% de homes, a poboación do concello estaba relativamente equilibrada en canto a sexo. Ao igual que Muras, Ourol contaba no ano 2020 cunha poboación bastante envellecida (máis do 40% dos habitantes do concello superaban os 64 anos) e unha escasa presenza de persoas residentes de nacionalidade estranxeira (un mero 2,51% do total).

EMPREGO

De acordo aos datos do SEPE, Ourol tiña a finais do ano 2019 un total de 197 persoas afiliadas á Seguridade Social, un nivel relativamente baixo de emprego en relación á poboación en idade de traballar residente no concello. Ao mesmo tempo, 46 persoas estaban rexistradas como desempregadas (27 homes e 19 mulleres), o que indica unha taxa de desemprego bastante elevada (18,93%). As actividades económicas con un maior número de afiliados á Seguridade Social a 31 de decembro do 2019 eran (1) Administración Pública e defensa; (2) agricultura, gandeiría, caza e servizos relacionados coas mesmas; (3) comercio ao por maior e intermediarios de comercio, excepto de vehículos de motor e motocicletas; e (4) silvicultura e explotación forestal.

 

Durante o 2019, Ourol rexistrou 194 novos contratos de emprego. O 76,29% dos contratados foron homes, e tan só o 23,71% mulleres. O 89,69% deses contratos foron de tipo temporal. Por tanto, ao igual que Muras, Ourol ten un mercado laboral moi masculinizado e con unha alta taxa de temporalidade. Polo que a nivel de estudos se refire, a maioría dos novos contratos foron para persoas con estudos primarios ou non acreditados (45,88%), seguido de persoas con educación secundaria obrigatoria (33,11%), persoas con FP de grado superior (11,86%), e persoas con FP de grado medio (6,70%). En xeral, predomina en Ourol un emprego que non require dun alto nivel educativo.

CONTACTO PARA CONCELLOS

    Un mundo de posibilidades

    coñece as ofertas do rural