É un proxecto de intervención comunitaria financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e desenvolvido por Ecos do Sur
nos concellos de Xermade, Muras e Ourol, e que pretende abordar a doble problemática da exclusión social nas cidades do abandono de zonas rurais que teñen un importante potencial produtivo, xerando unha solución conxunta.
Cremos que o envellecemento, illamento e despoboamento do rural galego poden ter unha vía de solución no encaixe coas
necesidades de inserción laboral e habitacionais de moitas persoas en situación de vulnerabilidade coas que traballa Ecos do Sur, e que residen en cidades nas que se producen grandes bolsas de exclusión.