CATÁLOGO DE OPORTUNIDADES

O catálogo de oportunidades trata de identificar algunhas das máis significativas oportunidades de emprendemento e de emprego por conta allea, tendo en conta as potencialidades que ofrece o territorio obxecto do documento.

Para cada oportunidade desenvólvese unha ficha onde se reflexan as súas características principais.

 

Este documento nace dunha recollida de datos a través dunha serie de entrevistas e xuntanzas mantidas con axentes claves da zona, tales como asociacións culturais, de dinamización do territorio ou de veciños, empresarios, persoeiros do lugar e entidades locais, tanto na súa vertente política como técnica.

TURISMO

Turismo activo, itinerarios culturais, roteiros de sendeirismo

Eco turismo e turismo participativo

Hostalería, restauración e casas de turismo rural sustentable

AGRO-GANDEIRO E FORESTAL

Relevo e renovación de explotacións gandeiras

Explotación de gandeiría avícola ecolóxica

Explotación gandeira en extensivo

Apicultura

Explotación agraria de horta

Explotación de froiteira e froitos vermellos (phisallys e arando)

Explotación forestal diversificada e sustentable, gandeiría, couto de cogomelos, etc.

Cultivos complementarios ás explotacións gandeiras

Servizos forestais: desbroces, limpezas, etc.

SERVIZOS PARA EMPRESAS E EXPLOTACIÓNS

Transformación de produtos hortícolas

Comercialización e distribución de produtos hortícolas

Transformación de madeira

Asesoría ou xestoría de empresas

Servizos de apoio ás labores de explotacións agrarias, gandeiras e forestais

Servizos de substitución para explotacións gandeiras

SERVIZOS A PERSOAS

Centros de día para maiores

Atención a domicilio

Prestación de servizos relacionados coa construción e rehabilitación de edificacións: Albanelaría, lousaría, carpintería, electricidade e fontanería.

Artesanía e regalos personalizados para empresas